EasyManua.ls Logo

Fagor F-2814 - Page 56

Fagor F-2814
64 pages
Go to English
To Next Page IconTo Next Page
To Next Page IconTo Next Page
To Previous Page IconTo Previous Page
To Previous Page IconTo Previous Page
Loading...
50
galego
6
Medio ambiente
A lavadora foi deseñada pensando na
conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente. Carga a lavadora
á máxima capacidade recomendada para cada
programa; aforrarás auga e enerxía. Sempre que
poidas, evita o prelavado. Non coloques
deterxente de máis. Usa o aclarado extra
exclusivamente para prendas de persoas con
pel sensible.
Xestión de residuos de aparellos eléctricos
e electrónicos.
Non elimines os aparellos mesturándoos con
residuos domésticos xerais.
Entrega a túa lavadora nun centro especial de
recolla.
A reciclaxe de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde, o medio
ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas autoridades
locais ou establecemento onde adquiriches a
lavadora.
3
Mantemento
3.1 Limpeza da cubeta de deterxente. É
recomendable facela unha vez ao mes.
3.2 Limpeza do filtro. É recomendable facela
unha vez ao ano.
Para a limpeza exterior, usa produtos non
abrasivos e seca ben cun pano suave.
4
Diagnósticos
4.1 A lavadora incorpora un sistema de
diagnóstico que detecta e avisa perante
calquera tipo de incidencia. Poderás velas
na pantalla ou cando se iluminen
intermitentemente os pilotos do panel de
mandos.
4.1.1 Non entra auga na lavadora.
Revisar o subministro de auga, a billa de
entrada, ou limpa o filtro de entrada.
4.1.2 Nin desauga, nin centrifuga.
Comproba o estado do filtro.
4.1.3 Non centrifuga. Remove a carga
da roupa e volve seleccionar o
centrifugado.
4.1.4 Non se pon en marcha. Comproba
que a porta está ben pechada.
4.1.5 Con calquera outro código. Avisa
o servizo técnico.
4.2 Vibracións ou ruídos. Revisa a correcta
instalación (1.1 e 1.4 deste manual).
4.3 Auga na cubeta. Comproba que a cubeta
de deterxente está limpa (3.1).
4.4 Apertura porta. En caso de avaría ou
corte de corrente, extrae a cubeta tirando
da asa cara afora e preme a panca azul
co dedo (4.2.1); na parte dereita verás un
botón cunha rañura; xira este botón cunha
moeda cara á esquerda e a porta abrirase
(4.2.2).
5
Seguridade
A presión da auga á rede deberá estar
comprendida entre 0,05 a 1 MPa (0,5 a
10 kg/cm
2
).
Non utilices alargadeiras nin adaptadores
para conectar a lavadora.
A instalación eléctrica debe estar
dimensionada á potencia máxima indicada
na placa de características e a toma de
corrente eléctrica coa toma a terra
regulamentaria.
Se o cable de alimentación está danado,
debe ser substituído polo seu servizo
posvenda ou persoal cualificado
semellante, co fin de evitar un perigo.
Non manipular o interior da lavadora.
Perante calquera problema que non
poidas solucionar, chama o servizo
técnico.
Non deberán utilizar este aparello sen a
supervisión ou as instrucións do
responsable correspondente aquelas
persoas (incluídos nenos) cuxa
discapacidade física, sensorial ou mental,
ou a falta de experiencia e coñecemento
as impida usar o mesmo de forma segura.
Cómpre vixiar os nenos para asegurarse
de que non xogan co aparello.
Advertencias de uso: 1. Se paras a lavadora
para engadir máis roupa, asegúrate de que o
nivel de auga non chegue ao da porta. 2. As
funcións adicionais incrementan o tempo de
lavado. 3. Unha vez rematado o programa de
lavado pode que teñas que chegar a esperar
2 minutos para abrir a porta.

Related product manuals