EasyManua.ls Logo

Fagor FFK6845VX - Instalación

Fagor FFK6845VX
86 pages
Go to English
To Next Page IconTo Next Page
To Next Page IconTo Next Page
To Previous Page IconTo Previous Page
To Previous Page IconTo Previous Page
Loading...
galego
53
1
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu frigorífi co.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos
correspondentes.
Instalación
Identifi ca o modelo do teu frigorífi co (“a”, “b”,
c”, “d”, “e”, “f”) comparando o panel de mandos
coas ilustracións.
1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de
protección.
1.2 Ubicación. Coloca o frigorífi co lonxe de
fontes de calor e protexido dos raios directos
do sol para diminuí-lo consumo.
Non instale-lo frigorífi co ó aire libre nin
exposto á choiva.
O aire debe circular pola parte traseira do
frigorífi co. Deixa 25 mm entre o fondo do
frigorífi co e a parede. Non tapóne-lo espazo
existente entre o teu frigorífi co e o chan ou o
teito con ningún obxecto.
Nivela o frigorífi co para evitar vibracións e
ruídos. Ten en conta que, se o frigorífi co está
situado xunto á parede ou algún armario,
pode producir pequenos ruídos.
Así mesmo, comproba que as bandexas
estean colocadas correctamente e coloca
os recipientes separados entre si para evitar
vibracións.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa
repousa-lo frigorífi co durante, polo menos,
2 horas en posición vertical antes de
conectalo. Comproba os datos da placa de
características (220-240V con toma de terra)
(1.3.1, 1.3.2).
Non uses adaptadores nin alongadores.
Evita que o cable estea en contacto co
motor ou atrapado debaixo do mesmo.
1.4 Cambio de sentido de apertura da porta.
Desconecta o frigorífi co da rede eléctrica e
0
Identifi cación
baleira o contido da contraporta.
Solta os parafusos (1.4.1) e extrae a bisagra
superior e o casquete de xiro axudándote co
desaparafusador (1.4.2).
Desenchufa presionando a pestana
do conector (1.4.3). Retira a porta do
refrixerador (1.4.4). Extrae o portamandos
facendo panca nas amosegas destinadas a
iso coa axuda dun desaparafusador (1.4.5).
Fai unha amosega para o cable no lado
contrario, na zona indicada na carcasa
(1.4.6). Monta de novo o portamandos
pasando o cable pola amosega realizada
(1.4.7).
Retira a cuberta dos parafusos da bisagra
central, solta os parafusos e retira a bisagra
(1.4.8). Despraza a porta do conxelador cara
arriba (1.4.9).
Solta os parafusos da bisagra inferior e
retíraa. Cambia a posición do eixe na bisagra
e colócaa no lado oposto (1.4.10).
Coloca o tirador inferior do conxelador na
porta do refrixerador e o tirador inferior do
refrixerador na do conxelador, xirados 180º.
Coloca os tiradores verticais no seu lado
oposto xirándoos 180º (1.4.11).
Xira os autopeches e coloca o do refrixerador
no conxelador e viceversa (1.4.12).
Coloca a porta do conxelador (1.4.13) e
aparafusa a bisagra central (1.4.14). Coloca
a porta do refrixerador (1.4.15).
Coloca a cápsula de peche no espazo da
bisagra superior do lado oposto (1.4.16).
Aperta o conector para enchufalo á porta
(1.4.17).
Coloca a bisagra superior e o casquete
de xiro introducindo o cable sobrante no
portamandos (1.4.18) e coloca os parafusos
(1.4.19).

Related product manuals