EasyManua.ls Logo

Fagor fvh600r - Page 66

Fagor fvh600r
81 pages
To Next Page IconTo Next Page
To Next Page IconTo Next Page
To Previous Page IconTo Previous Page
To Previous Page IconTo Previous Page
Loading...
galego
64
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-la placa.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.
Seguridade
A alimentación eléctrica do placa debe estar instalada con
dispositivos de desconexión que cumpran co estipulado na
normativa de instalación local.
O aparello débeo instalar un instalador autorizado que seguirá as
instrucións e diagramas do fabricante.
A instalación eléctrica debe ser de medidas axeitadas para a
máxima potencia indicada na placa de referencia e o enchufe debe
ter conexión a terra segundo a normativa.
Se o cable está danado, a súa substitución correspóndelle ao
fabricante ou ao servizo posvenda ou persoal cualifi cado similar
para evitar posibles perigos.
ADVERTENCIA: Se a superfi cie de cristal agreta ou rompe,
desconecte o aparello da rede inmediatamente para evitar unha
posible descarga eléctrica. Non utilice a placa ata que se substitúa
o cristal. Correspóndelle ao servizo posvendas ou ao persoal
cualifi cado a súa substitución (4.1.1).
Non coloque cazolas quentes e tixolas sobre os sensores. Pódese
danar o circuíto electrónico (4.1.3).
ADVERTENCIA: O aparello e as pezas accesibles pódense
quentar cando está en funcionamento. Procure non tocar as
resistencias. Os nenos menores de 8 anos non se deben achegar
ao aparello, agás que estean baixo supervisión.
Se a placa está instalada sobre un armario, non garde obxectos
infl amables no seu interior.
Importante
Conserve este manual co aparello. Se lle vende ou traspasa o
aparello a outra persoa, asegúrese de traspasar tamén o manual
de usuario. Lea estas instrucións con atención ao utilizar e instalar
o aparello. Están destinadas a protexer a súa seguridade e a de
outros.

Related product manuals