EasyManua.ls Logo

Fagor fvh600r - Page 67

Fagor fvh600r
81 pages
To Next Page IconTo Next Page
To Next Page IconTo Next Page
To Previous Page IconTo Previous Page
To Previous Page IconTo Previous Page
Loading...
65
galego
Este aparello pode ser utilizado por nenos de 8 anos e maiores, e
por persoas con discapacidades físicas sensoriais ou mentais, ou
persoas sen experiencia e coñecementos sufi cientes, se se lles
ensina a usar o aparello de xeito seguro e comprenden os riscos
derivados da súa manipulación. Os nenos non deben xogar co
aparello. A limpeza e o mantemento son tarefas que non as deben
realizar os nenos sen a pertinente supervisión.
ADVERTENCIA: Non deixe a placa desatendida ao cociñar con
graxa ou aceite, porque se pode orixinar un incendio. Non intente
NUNCA apagar un lume con auga. Desenchufe o aparello e cubra
as lapas cunha tapa ou unha manta resistente ao lume.
ADVERTENCIA: Perigo de incendio: Non almacene obxectos
sobre a superfi cie da cociña.
Non utilice nunca un limpador de vapor para limpar o aparello.
O aparello non está deseñado para que funcione cun interruptor
temporizador externo nin un sistema de control remoto.
Modelos electrónicos: Para desconectar o aparello, prema
(
) durante dous segundos. Oirase un pitido longo e a pantalla
dixital cambiará a apagado, indicando que o aparello agora está
apagado.
Modelos con mandos: Para apagar o elemento, coloque o
regulador na posición “0”.
Evite golpear os receptáculos contra o cristal.
As resistencias non se deberán pór en funcionamento sen un
receptáculo.
Utilice só o aparello para cociñar alimentos. Non utilice a placa
como mesado.
Non aplique auga fría directamente sobre a placa cando estea
quente.

Related product manuals